Lipa Burd e a arte construída

MARÍA DÍAZ REY
19/04/2005 07:00 H 

NA GALERÍA Sargadelos de Santiago inaugurouse o pasado xoves día 10 de marzo unha exposición do ucraniano-arxentino Lipa Burd, vello amigo de Luís Seoane na Arxentina, a quen coñecera nunha mostra de Seoane no ano 1950, na Galería Viau de Bos Aires. Nesta época, Arxentina xa coñecía as experiencias abstractas que Pettouti e Torres García importaran de Europa, e no ano 44 publicárase o primeiro e único número da revista Arturo con Maldonado, Arden Quín, Rothfuss, Kosice, Bayley, Prati e Torres García e que dera lugar aos grupos Arte Concreto-Invención e Madi, e posteriormente a revista Nueva Visión, na que destaca Tomás Maldonado, que exerce unha gran influencia no desenvolvemento da arquitectura e do deseño industrial.A partir destas influencias, Lipa Burd vai crear a súa propia linguaxe a través da xeometría, na que segundo Eduardo Jonquières «practica unha búsqueda que se basa na utilización de curvas espaciais (elipses, parábolas) intentando relacionar as nocións de tempo e espazo nas dúas dimensións da tea». Posiblemente esta será a primeira e única vez que poidamos disfrutar dunha mostra de Lipa Burd na Galiza, pois con ela pecha un ciclo no que viviu a cabalo entre París e Bos Aires, deixando atrás Europa en principio para non voltar.

Referencia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2005/04/19/lipa-burd-arte-construida/0003_3652070.htm

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *